ESTRATEXIA PARA A PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA DEPENDENCIA EN GALICIA, HORIZONTE 2020 2012. Borrador


24 Mar 2013 / Xunta de Galicia. Conselleria de Traballo e Benestar / Sede COFIGA
Nuestra representación colegial la ostenta la profesora Susana Viñas Cid, Asesora - Coordinadora de Dependencia del Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. O Goberno da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral de Política Social) puxo en marcha en 2012 unha nova iniciativa: a elaboración dunha estratexia marco para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia. A razón principal desta decisión atópase na consideración da prevención da dependencia como un acto de racionalidade económica e solidaria coas futuras xeracións. A morbilidade e os accidentes, orixe da dependencia, non parece que vaian a diminuír nas próximas décadas e, polo tanto, o máis razoable consiste en actuar sobre as causas que orixinan as situacións de dependencia e, deste xeito, reducir a esixencia de acción sobre esta. Estímase que as dúas terceiras partes da discapacidade aparece despois dos 65 anos e unha parte importante orixínase pola falta de coidados da saúde na xubilación. Se se mellora a prevención antes desas idades e a educación para a saúde desde as idades máis novas resulta evidente que se reducirán as situacións de dependencia na comunidade galega e con isto o custo da atención. Debido á limitación de recursos xorde a miúdo o dilema curación-prevención. A cuestión é que a prevención rende os seus resultados a medio e longo prazo, mentres que as decisións nas políticas públicas hai que tomalas cada vez máis a curto prazo. Non obstante, a importancia da atención non debe ignorar que se non se intervén na multitude de causas que orixinan unha situación de dependencia, esta seguirá aumentando. Se non se actúa, a magnitude da cobertura da atención á dependencia requirirá de achegas de todos os sectores sociais para chegar a sistemas xustos e sostibles. O goberno galego, consciente disto e de que o enfoque preventivo é unha forma tamén de atención á dependencia, xa que reduce a intensidade e contía da intervención futura, presenta neste documento a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia, horizonte 2020, cuxa abordaxe constitúe unha importante responsabilidade social e política. A estratexia elaborouse cun enfoque fundamentalmente participativo, cunha resposta de case o 70% das persoas e entidades convocadas en grupos de traballo e case a metade no nivel de resposta dos grupos de investigación universitarios de Galicia consultados. Pero tamén se levou a cabo un importante traballo de diagnóstico da situación en base a fontes secundarias de datos estatísticos e outras fontes documentais relacionadas coa materia. Nestas páxinas recóllese o resultado principal do traballo realizado. Ademais, debido ao volume de produción de contidos a que deu lugar o proceso de elaboración desta estratexia marco, estará dispoñible outro documento anexo, de carácter complementario, no que se inclúen unha parte importante do resto de contidos. O presente documento estrutúranse en tres grandes capítulos: - Capítulo 1, no que se realiza un diagnóstico da situación a partir dos datos estatísticos dispoñibles na materia e inclúe tamén unha reflexión sobre as novas tecnoloxías e a dependencia. - Capítulo 2, no que se describe a estratexia de prevención e detección precoz da dependencia en Galicia con todas as propostas de actuacións suxeridas e distribuídas en seis áreas de actuación;todo isto precedido dunha descrición do marco conceptual, dos obxectivos xerais e da poboación diana da estratexia. - Capítulo 3, no que se realiza unha análise de eficiencia da implantación da estratexia desde a perspectiva de de custo-beneficio, co obxecto de cuantificar en termos económicos as vantaxes da implantación dunha estratexia de corte preventivo como a que é obxecto deste documento. Cada capítulo, á súa vez, está integrado por un apartado de introdución/marco contextual ou antecedentes seguido dunha serie de epígrafes que recollen os contidos pertinentes. Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia, horizonte 2020 Borrador Páxina 7 de 146 O capítulo 2 constitúe a esencia do documento por ser neste onde se atopa a estratexia marco propiamente dita, conformada por máis de 400 propostas de actuación coas que intervir preventivamente na poboación de Galicia cara á redución da incidencia da dependencia e á promoción da autonomía persoal. Pecha o documento un apartado de anexos con información de grande interese, relativa á descrición da metodoloxía adoptada no proceso de elaboración e á descrición dos grupos de traballo e grupos de investigación participantes, así como a bibliografía consultada.
La Fisioterapia te da el aire que necesitas