7 de setembro, Gala conmemorativa do 25 Aniversario da constitución do CoFiGa como institución colexial da Fisioterapia galega

De asistencia gratuita para colexiados/as, desenvolverase no San Francisco Hotel Monumento de Santiago

14 Ago 2024 / Sede COFIGA

7 de setembro, Gala conmemorativa do 25 Aniversario da constitución do CoFiGa como institución colexial da Fisioterapia galega

De asistencia gratuita para colexiados/as, desenvolverase no San Francisco Hotel Monumento de Santiago

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebra este ano o 25 Aniversario da súa constitución como institución profesional representativa en Galicia do colectivo de fisioterapeutas: 1999-2024. Con tal motivo e ao fío da conmemoración do Día Mundial da Fisioterapia 2024 (8 de setembro), o sábado 7 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela a gran Gala 25 Aniversario CoFiGa.

Planificada como unha xornada festiva de confraternización da Fisioterapia galega na que se poñerá en valor o camiño percorrido en Galicia polo colectivo desde a constitución -hai 25 anos- da súa institución colexial, o seu compromiso co desenvolvemento profesional e o labor dos e as fisioterapeutas colexiados/as ao servizo da saúde e o benestar da poboación da comunidade autónoma, a Gala desenvolverase no San Francisco Hotel Monumento, servindo ademais para recoñecer o legado de integrantes das diferentes Xuntas de Goberno da súa historia e galardoar a fisioterapeutas xa xubilados/as que nestes 25 anos distinguíronse pola súa contribución á evolución, crecemento e avance da Fisioterapia en Galicia. Todo iso co actor Carlos Blanco como mestre de cerimonias e amenizado coa proxección dun vídeo elaborado ad hoc e actuacións musicais e de teatro.

Co ánimo de compartir e fortalecer relacións profesionais e persoais entre colexiados/as CoFiGa, compañeiros/as doutros Colexios de Fisioterapeutas de España, representantes da administración galega, doutros colectivos sanitarios, de asociacións de pacientes e dos máximos órganos representativos da Fisioterapia nacional nos seus ámbitos profesional, científico e académico, a Xunta de Goberno do CoFiGa anima á participación nesta Gala conmemorativa, de asistencia gratuíta para todos e todas os e as fisioterapeutas colexiados/as de Galicia.

Confirmación de asistencia en: ASISTENCIA

 

 

 

7 de septiembre, gala conmemorativa del 25 Aniversario de la constitución del CoFiGa como institución colegial de la Fisioterapia gallega

De asistencia gratuita para colegiados/as, se desarrollará en el San Francisco Hotel Monumento de Santiago

El Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) celebra este año el 25 Aniversario de su constitución como institución profesional representativa en Galicia del colectivo de fisioterapeutas: 1999-2024. Con tal motivo y al hilo de la conmemoración del Día Mundial de la Fisioterapia 2024 (8 de septiembre), el sábado 7 de septiembre se celebrará en Santiago de Compostela la gran Gala 25 Aniversario CoFiGa.

Planificada como una jornada festiva de confraternización de la Fisioterapia gallega en la que se pondrá en valor el camino recorrido en Galicia por el colectivo desde la constitución -hace 25 años- de su institución colegial, su compromiso con el desarrollo profesional y la labor de los y las fisioterapeutas colegiados/as al servicio de la salud y el bienestar de la población de la comunidad autónoma, la Gala se desarrollará en el San Francisco Hotel Monumento, sirviendo además para reconocer el legado de integrantes de las diferentes Juntas de Gobierno de su historia y galardonar a fisioterapeutas ya jubilados/as que en estos 25 años se han distinguido por su contribución a la evolución, crecimiento y avance de la Fisioterapia en Galicia. Todo ello con el actor Carlos Blanco como maestro de ceremonias y amenizado con la proyección de un video elaborado ad hoc y actuaciones musicales y de teatro.

Con el ánimo de compartir y fortalecer relaciones profesionales y personales entre colegiados/as CoFiGa, compañeros/as de otros Colegios de Fisioterapeutas de España, representantes de la administración gallega, de otros colectivos sanitarios, de asociaciones de pacientes y de los máximos órganos representativos de la Fisioterapia nacional en sus ámbitos profesional, científico y académico, la Junta de Gobierno del CoFiGa anima a la participación en este acto conmemorativo, de asistencia gratuita para todos y todas los y las fisioterapeutas colegiados/as de Galicia.

Confirmación de asistencia en: ASISTENCIA

 

 

 

La Fisioterapia te da el aire que necesitas