Fisioterapeutas galegos denuncian o intrusismo na profesión


28 Oct 2013 / Crtvg / Sede COFIGA
O intrusismo profesional acompaña desde hai anos os fisioterapeutas galegos. O colectivo denuncia a proliferación de escolas privadas que ofertan formación non homologada en terapias manuais e osteopatía. Insisten en que son cursos sen validez académica e alertan de que supoñen un risco sanitario. A osteopatía, a quiropraxia, as terapias manuais. En España non son profesións reguladas, non existen como titulacións oficiais. Denúnciao desde hai anos o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, preocupado pola proliferación de escolas privadas que ofertan formación en técnicas "parasanitarias". Os fisoterapeutas cren que estas academias captan os seus alumnos con información enganosa e inisten en que a formación que reciben non ten validez académica. Na súa última denuncia ante a Inspección Sanitaria de Galicia, o Colexio de Fisioterapeutas alertou da existencia de sesenta e unha academias parasanitarias só na área de Ferrol. ver video
La Fisioterapia te da el aire que necesitas