Realización dun estudo para ver a viabilidade da posta en marcha de servizos de reparación, préstamo... de produtos de apoio de segunda man


24 Jul 2012 / Cogami / Sede COFIGA
Estimadas/os Sras./es, poñémonos en contacto coa vosa organización co motivo da posta en marcha do proxecto europeo PROXIMAMED, no cal COGAMI está a participar como socio. Tal como se explica no documento “Carta presentación del estudio” que se achega con este e-mail, este proxecto busca coñecer a viabilidade da posta en marcha de servizos de reparación, préstamo, aluguer e venta de produtos de apoio (cadeiras de rodas, grúas, andadores, camas articuladas, etc) de segunda man e para elo vai realizar un proxecto piloto no Concello de Santiago de Compostela. Como fase inicial e fundamental deste proxecto necesitamos saber cales son as necesidades das persoas, organizacións e profesionais que empregan e/ou prescriben produtos de apoio, para o cal imos empregar os cuestionarios que vos facemos chegar a través deste e-mail e para cuxo recheo solicitamos a vosa inestimable axuda. Como podedes ver os cuestionarios que agradeceriamos cubrirades son os seguintes: - Cuestionario para as/os traballadoras/es sociais da vosa organización. Número de cuestionarios a cubrir: 1 por cada traballadora/or social. - Cuestionario a cubrir pola vosa organización como entidade que pode empregar ou doar produtos de apoio. Número de cuestionarios a cubrir: 1, no caso de que sexades unha entidade que pode empregar ou doar produtos de apoio. - Cuestionario para as persoas clientes da vosa organización que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela. Número de cuestionarios a cubrir: 1. Se prestades servizos a un número menor ou igual a 50 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: todas as persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio. 2. Se prestades servizos a un número entre 50 e menor ou igual a 200 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 50 cuestionarios, aínda que cantos máis poidades cubrir mellor resultará o estudo. 3. Se prestades servizos a un número entre 200 persoas e menor ou igual a 500 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 150 persoas, aínda que cantos máis poidades cubrir mellor resultará o estudo. 4. Se prestades servizos a máis de 500 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 300 cuestionarios, aínda que canto máis se poidades cubrir mellor resultará o estudo. Tal como podedes ver é prioritario que as persoas ás que lle pasades o cuestionario sexan do Concello de Santiago, pois é o Concello obxecto de estudo. De todas formas se non completades o mínimo dos cuestionarios con persoas que son do Concello de Santiago, podedes pasalo a persoas doutros concellos. - Cuestionario para profesionais da rehabilitación (terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas,etc). Número de cuestionarios a cubrir: 1 por cada profesional (Concello de Santiago). Por favor, agradeceriámosvos que nos remitirades os cuestionarios cubertos a proxectos@cogami.es antes do día 31 de xullo. No caso de que prefirades imprimilos, cando os teñades cubertos enviádenos un e-mail a proxectos@cogami.es e pasamos nós a recollelos a vosa organización. Se tedes algunha dúbida ao respecto enviádenos un e-mail a proxectos@cogami.es ou ben chamade ao 981574698. (Preguntar por Charo, Catuxa ou Ana). A vosa colaboración é fundamental para que este proxecto resulte de proveito para todas as persoas que empregan ou poidan empregar produtos de apoio. Moitas grazas pola vosa atención e axuda! Charo Lema Castiñeira Coordinación Área de Proxectos e Calidade de COGAMI e-mail: proxectos@cogami.es
La Fisioterapia te da el aire que necesitas