Consellos de Fisioterapia para coidadores profesionais de maiores

13 Feb 2015
Este manual de Consellos de Fisioterapia para coidadores e coidadoras profesionais de maiores e de persoas en situación de dependencia foi elaborado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia co obxectivo de favorecer a práctica ergonómica preventiva no sector da dependencia e do coidado dos/as maiores.
 
Dada a tipoloxía dos centros de traballo e das tarefas e actividades que os/as profesionais do sector da dependencia realizan no día a día, dende o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia facilitamos a través deste manual unha serie de coñecementos básicos que benefician tanto á persoa con dependencia usuario/a coma ao proprio profesional, coñecementos que, aplicados no traballo diario, farán que o/a coidador/a optimice os seus esforzos.
 
Ademais de achegar coñecementos e ensinanzas prácticas para os que se dedican profesionalmente ao coidado de persoas en situación de dependencia, o manual constitúe para os/as profesionais unha importante ferramenta de cara á formación e apoio ás persoas coidadoras no ámbito familiar.
 
O manual inclúe ademais unha táboa de estiramentos e exercicios aconsellables para que o/a profesional os realice e mediante os que preparará a súa musculatura para o esforzo/Sobreesforzo que esixen as tarefas de mobilización e transferencia das persoas con dependencia-usuarios/as.
 
Eventos
Eventos
Participamos en diversos eventos por toda Galicia.
Investigación
Investigación
Queremos impulsar el ejercicio profesional basado en la evidencia.
Formación
Formación
¡Accede a los cursos anunciados en la web de manera rápida y sencilla!
Fisioterapia laboral
Fisioterapia laboral
Es imprescindible estar al tanto de todos los aspectos relacionados con la Fisioterapia en el ámbito laboral.
Transparencia
lock Transparencia
Siempre comprometidos con las prácticas del buen gobierno corporativo.
CONVENIO CON CLINNI
CONVENIO CON CLINNI
2 MESES GRATIS para los Colegiados del Cofiga.
La Fisioterapia te da el aire que necesitas